Ven ao Pazo

Horarios
Aberto de martes a domingo, ambos incluídos.

  • Horario de verán (do 1 abril - 31 outubro): de 10 a 14 h -de 16h a 20 h (peche dos despachos de entradas ás 19 h)
  • Horario de inverno (do 1 novembro - 31 marzo): de 10 a 17.30 h (peche dos despachos de entradas ás 16.30 h)
  • Pechado: os luns non festivos, o 25 e o 26 de decembro, o 1 e 6 de xaneiro e do 15 ao 22 de xaneiro (por mantemento)

Tarifas

  • XERAL: 12€
  • OUTROS PREZOS: ver
  • Audioguía incluída no prezo da entrada.

Compra de entradas

Pode adquirir as entradas nos despachos de entradas do Pazo Güell que están situados no Carrer Nou de la Rambla, número 1, a 20 metros da entrada principal do Pazo Güell. Pódense mercar entradas de forma anticipada cun día e unha hora asignados.

Onde estamos e como chegar


Plano

Onde estamos
Carrer Nou de la Rambla, 3-5
08001 Barcelona
Tel.: (+34) 934 725 775 / (+34) 934 725 771
Fax: (+34) 934 725 772

Como chegar
O Pazo Güell está situado no barrio do Raval da cidade de Barcelona. A continuación proporcionámoslle a información necesaria para chegar ao pazo facilmente:

En transporte público:

En transporte privado:


Coordenadas GPS: 41.3789°N 2.1742°E


Visitas de grupos

Os grupos deben estar formados por un mínimo de 10 persoas e un máximo de 25 persoas, con guías ou educadores incluídos. De superar o grupo esta cifra, dividirase e cada subgrupo entrará cun intervalo de 30 minutos de diferenza. Non se admiten reservas de grupos os días de portas abertas (primeiro domingo de mes).

Tarifa: 9€ por persoa (os grupos sen reserva previa aboarán a tarifa xeral)

Atención: os días de entrada gratuíta non se aceptan reservas de grupos (a entrada queda limitada ao público individual).

Reservas

  • Por teléfono:(+34) 934 725 775 / (+34) 934 725 771
    Atención telefónica en catalán, castelán, inglés e francés.
    Horario de atención:
    Inverno: de martes a sábado, de 10.30 a 17 h.
    Verán: de martes a sábado, de 10.30 a 19.30 h.
  • Por correo electrónico:
    palauguell@diba.cat

Para beneficiarse da tarifa especial de grupo, a reserva debe facerse cun mínimo de 48 horas de antelación.